domingo, 3 de novembro de 2019

LECTURAS PRIMEIRO TRIMESTRE


TEATRO : O achado do castro



O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un"latín"un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.







AVENTURA: La vuelta al mundo en 80 días
la vuelta al mundo en 80 dias (version angel burgas)-julio verne-9788483083574

La vuelta al mundo en 80 días narra as aventuras do cabaleiro inglés Phileas Fogg, que, acompañado do seu criado Picaporte, quere demostrar  sáociedade da súa época (1872) que é posible percorrer a superficie da Terra en só 80 días. Durante a viaxe, non só ten que loitar contra todo tipo de obstáculos (accidentes xeolóxicos e xeográficos, dificultades culturais e de locomoción...), senón que ten que lidiar cun inspector de policía que confunde a Phileas Fogg cun ladrón e, sobre todo, deben loitar contra o paso das horas.





HISTÓRICO- ROMÁNTICA
 : Inés de Castro
Para moitos historiadores, Inés de Castro foi unha muller hábil e intrigante, movida pola ambición e en cuxo entorno urdíronse intrigas políticas e intereses palaciano. Para poetas e dramaturgos, unha dama belísima que viviu unha das pasixóns máis arrebatadas da historia. Por todo iso, a súa figura segue rodeada de misterio e a súa lenda continúa fascinando a todos. María Pilar Queralt narra con viveza e axilidade a vida dunha muller que viviu con paixón a amizade, a fortuna e a desventura; a lenda dunha muller que reinou despois de morta. Para impedir que Inés de Castro subira ao trono, o pai do infante Pedro ordenou asasinala. Este feito orixinou unha guerra civil entre pai e fillo. Unha vez que Pedro foi Rei ordenou coroar á súa raíña despois de morta. A autora retrata a conmovedora historia dun amor que venceu á morte. Un libro apaixoante desde o principio ao final. Enlázanse de forma maxistral dúas épocas do pasado que nos mantenñen en vilo ata o desenlace. O relato enmárcase en pleno Século de Ouro, con personaxes como Lope de Vega. A obra máis coñecida e famosa de María Pilar de Queralt. 

 POESÍA: Poetízate
poetizate-fran alonso-9788499142500A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

CÓMIC
el invierno del dibujante (3ª ed.)-paco roca-9788492769810Paco Roca investiga en El invierno del dibujante a saída dos autores estrela da editorial Bruguera para fundar, en tempos escuros, unha revista que lles fixera máis libres. A vida en Bruguera coa ditadura de Franco como telón de fondo e a saída dos seus debuxantes estrela para fundar Tío Vivo, unha nova revista que lles permitira conseguir maiores recursos, manter o control creativo dos seus personaxes, etc. Lograr unha maior libertade, en definitiva, como metáfora do réxime franquista, é o marco e a esencia de El invierno del dibujante. Na España de 1957 ser historietista era un oficio. Non eran artistas, eran obreiros da viñeta. Cobraban a tanto por páxina (ou por viñeta), traballaban arreo, siguindo uns padróns estabelecidos e inamobibles. Renunciaban aos seus orixinais e aos seus dereitos de autor a cambio do diñeiro cobrado. Pero en ese 1957 ocorreu algo que rompeu la monotonía e sembrou a esperanza. Cinco extraordinarios historietistas, famosos polos seus personaxes, ousaron rebelarse.