mércores, 11 de xaneiro de 2023

 

10 Xaneiro 2023

Hoxe fomos ao auditorio de Ourense con todos os grupos da ESO  ver unha obra de teatro en inglés titulada: "The Movie" da compañía"On Stage"

Asistiron 67 alumn@s e 5 profesor@s e foi un éxito total. Por suposto, os membros do noso club de lectura gozaron moitísimo coa obra. Asemade, algúns dos nosos, xunto cos doutros centros, convertíronse en actores e actrices, demostrando as súas artes escénicas. Noraboa!

Aquí deixamos algúns videos e fotos como proba diso.



Rodrigo 1º B

https://drive.google.com/file/d/19aXdf_RroAMGdKE5wN-hhK0Lwfb8o8XH/view?usp=share_link                                                

                                                 Emily 1º B

https://drive.google.com/file/d/19o8tVAsb04Ord9FAR5K599NnR-qT0hKG/view?usp=sharing

luns, 9 de xaneiro de 2023

LECTURAS 2º TRIMESTRE

 AVENTURAS

Continúan as aventuras dos mozos e mozas da Secret Academy.

Lucas e Úrsula inician unha busca contrarreloxo polo mundo para atopar a todos os mozos que, coma eles, levan no sangue o misterioso mineral meteora. O xeneral Asimov descubriu como recuperar o mineral e encargou ao seu equipo unha terrible misión: aniquilar a todos os mozos co don de meteora.

Por su lado, Martin empeza a perder o norte a causa da súa segunda dose de mineral, e Rowling descubrirá cal é en realidade o plan do Profeta Howard...




TEATRO GALEGO


OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE


Os amores de anciáns e rapazas, un tema popular para unha farsa de gran influencia no teatro galego.

Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. 



 MANGA


O alumnado quere seguir lendo manga xaponesa e seguirán lendo as coleccións que comezaron o curso pasado;: Naruto, Los guardianes de la noche...