luns, 9 de xaneiro de 2023

LECTURAS 2º TRIMESTRE

 AVENTURAS

Continúan as aventuras dos mozos e mozas da Secret Academy.

Lucas e Úrsula inician unha busca contrarreloxo polo mundo para atopar a todos os mozos que, coma eles, levan no sangue o misterioso mineral meteora. O xeneral Asimov descubriu como recuperar o mineral e encargou ao seu equipo unha terrible misión: aniquilar a todos os mozos co don de meteora.

Por su lado, Martin empeza a perder o norte a causa da súa segunda dose de mineral, e Rowling descubrirá cal é en realidade o plan do Profeta Howard...




TEATRO GALEGO


OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE


Os amores de anciáns e rapazas, un tema popular para unha farsa de gran influencia no teatro galego.

Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. 



 MANGA


O alumnado quere seguir lendo manga xaponesa e seguirán lendo as coleccións que comezaron o curso pasado;: Naruto, Los guardianes de la noche...



Ningún comentario:

Publicar un comentario