luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO- COLEXIO SAN PÍO X (Ourense)




TRÁILER TELEXORNAL RICARDO CARVALHO CALERO  (CPI Plurilingüe dos Dices - Rois)


CARVALHO CALERO
LABIRINTO GALEGO  Un xogo para toda a familia.

LECTURAS RECOMENDADAS PARA A SEMANA DAS LETRAS
herba moura (premio xerais de novela 2005)-teresa moure-9788497823470



Esta novela, gañadora do Premio Xerais 2005, fantasea sobre a vida e as paixóns de Descartes a través da perspectiva de tres mulleres: Einés Andrade, unha estudante que está a elaborar a súa tese sobre o pensador, a raíña Cristina de Suecia e Hélne Jans, unha bruxa residente en Amsterdam que é a súa amante. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, receitarios, herbarios) e de recursos estilísticos, a autora constrúe unha novela que pretende resaltar o papel da muller na historia. Así mesmo, pode considerarse tamén unha oda aos distintos tipos de paixón que vai presentando: o amor, o coñecemento, a amizade, a maternidade, a lectura e a palabra.











vidas post-it-iolanda zuñiga-9788493857653



Iolanda Zuñiga escribiu o súa opera prima, que tivo unha gran acollida entre os lectores, nos post- it do restaurante de comida rápida no que traballaba. O libro reúne un compendio de microrrelatos concisos e veloces, que conforman unha sorte de receitario de fracasos. Narran o día a día de personaxes urbanos asfixiados polas esixencias dun mundo que os oprime, que lles esixe historias de éxito tanto na súa vida persoal como profesional, mostrando a súa cara máis crúa. Trata temas universais como a incomunicación, a soidade, o desamor ou a violencia e outro tipo de miserias que se converten no elemento opresor dos protagonistas. Quizá a forma na que foi concibida a obra reflíctese no estilo da súa prosa, directo e rotundo, que confire a sensación de atoparnos ante tráileres de películas que mostran a parte máis escura de vidas marcadas por un naufraxio persoal ou colectivo.








un tipo listo-xose monteagudo-9788498652222





Galardoada co Premio García Barros 2009, a novela comeza coa morte dun director dunha sucursal bancaria de Vigo. O descubrimento do seu cadáver revela un desfalco sen precedentes, que fai recaer as sospeitas sobre os fillos do falecido. Unha complexa trama financeira e as súas repercusións legais son quizá o menor dos problemas aos que se enfrontan, xa que a escura personalidade do pai sitúalles ante un inquietante legado. Unha especie de crónica familiar e social que expón unha reflexión sobre as relacións paterno-filiais e as consecuencias familiares dunha herdanza, así como o prezo que se ha de pagar para lograr unha traxectoria con éxito. A trama mantén en tensión ao lector dosificando a información, á vez que o introduce nunha historia de segredos e medias verdades con moito suspense.







o ultimo barco-domingo villar-9788491513049







O inspector Leo Caldas volve ser o protagonista da última novela de Domingo Villar. Ambientada na área de Vigo como as dúas entregas anteriores, esta vez todo sucede ao redor da desaparición de Mónica Andrade, unha muller que non se presentou a unha comida familiar nin ás clases que debía impartir ao día seguinte. O autor volve tecer unha historia dentro dese mundo particular que construíu no xénero da novela negra. Cun tempo e espazo determinados, crea labirintos de misterios, nos que se mesturan historias persoais, e mostra que, como no mar, a máis apracible das superficies pode ocultar un fondo escuro de devastadoras correntes. Dez anos despois, o detective vigués volve enganchar aos lectores como xa o fixera en Ollos de auga e A praia dos afogados.









Premio Xerais de Novela, 2019
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso."Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas."Shanghai a Barcelona" é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.




Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil do 2019

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos!


Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil do 2019 - Premio Gala do Libro Galego 2020, Xuvenil
L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro. As súas vidas non poden ser máis diferentes, pero ambas as dúas buscan a liberdade, a existencia e o recoñecemento que a sociedade lles negaba a elas e a todas as súas compañeiras.