luns, 8 de marzo de 2021

LECTURAS 2º TRIMESTRE

TEATRO:


Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.


NOVELA HISTÓRICO-ROMÁNTICA:




A Segunda Gran Guerra remata e o mundo emprende unha tortuosa reconstrución. Concluídas as súas funcións como colaboradora dos Servizos Secretos británicos, Sira afronta o futuro con ansias de serenidade. Non o logrará, sen embargo. O destino teralle preparada unha tráxica desventura que a obrigará a reinventarse, tomar soa as riendas da súa vida e loitar con garra para encauzar o porvir.

Entre feitos históricos que marcarán unha época, Xerusalén, Londres, Madrid e Tánger serán os escearios polos que transite. Neles afrontará desgarros e reencontros, cometidos arriscados e a experiencia da maternidade.

Sira Bonnard —antes Arish Agoriuq, antes Sira Quiroga — xa non é a inocente costureira que nos cegou entre padróns e mensaxes clandestinos, pero o seu atractivo permanece intacto.

Volve Sira, carismática e inolvidable. Volve a protagonista de El tiempo entre costuras.


POESÍA: Este ano as nosas Letras homenaxea á poeta Xela Arias polo que as nosas alumnas de poesía van coñecela a través da lectura da súa obra.



En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.» Nesta nova edición os poemas veñen acompañados por ilustracións do artista Iván R.



«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición especial, feita con motivo da celebración das Letras Galegas 2021, consta dun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.