venres, 17 de marzo de 2023

DÍA DO CÓMIC

CELEBRACIÓN DO DÍA DO CÓMIC. 


Hoxe, 17 de marzo, celebramos o Día do Cómic e imos deixarvos aquí unhas recomendacións de lectura para que gocedes duns dos vosos xéneros preferidos e vexades que hai algo máis que o manga xaponés que tanto vos gusta.



Mary Lennox é unha nena inglesa moi consentida que vive cos seus pais na India. Cando dun día para outro queda orfa, debe marchar vivir co seu tío a Inglaterra. E alí atoparase coa súa misteriosa mansión, con máis de cen habitacións e innumerables segredos.



















Cansado de esperar noticias postais da súa nai, Yodo encamíñase á cidade en pos da correspondencia extraviada. Esa carta ten que estar en algures! Polo camiño recollerá a Rebecca, unha autoestopista que viaxa coa misión de entregar un maletín sobre cuxo contido é mellor non preguntar. A circunstancia do un e do outro postas en común van dar lugar a unha infinidade de tribulacións por terra, mar e aire, onde nada será o que parece.











Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a supervivencia da humanidade ante o inevitable desastre.

















Sofía fixo do bosque o seu refuxio durante as vacacións. Alí pasa as horas debuxando, inmersa no seu caderno. Pero o rumbo do verán cambia de forma inesperada cando coñece a Jess. De súpeto vese envolta en novas situacións que a levan a enfrontarse aos seus medos, pondo en perigo a súa recente amizade.













Este podería ser o retrato do artista adolescente de Charles Burns, pois resulta difícil non ver en Brian Milner, o protagonista de Labirintos, ao alter ego do autor. Neste primeiro volume empezaremos a coñecelo: Brian é un adolescente tímido, prodixiosamente dotado para o debuxo, que está obsesionado co cinema de terror e que debe loitar día tras día contra os seus medos interiores. Cando recibe, sen esperala, a cálida atención de Laurie, unha rapariga da súa idade, as fronteiras entre a realidade e a imaxinación empezarán a confundirse.









A mediados dos 70, unha epidemia que só afectaba aos adolescentes aparece nos arrabaldes de Seattle. Chamárona a " praga dos quinceañeiros" e manifestábase a través de síntomas do máis impredecible. Para algúns non foi demasiado dramático: apenas uns vultos. Outros en cambio convertéronse en monstros. E non eran só síntomas pasaxeiros. unha vez contraída a infección, quedabas convertido niso para sempre.