luns, 18 de outubro de 2021

FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS!

 

"Ler as idades da vida" é o lema deste ano, co que reivindicar o legado das escritoras a través da historia.

Quen é a túa autora favorita e o teu libro preferido?


Aquí vos deixo un vídeo onde diferentes escritoras non explican  de onde naceu a súa vocación pola escritura.

https://www.youtube.com/embed/KEdybWbmYpg


E para visibilizar a obra das nosas escritoras, aquí unha recompilación.

sábado, 16 de outubro de 2021

DATAS REUNIÓNS E GRUPOS DO CLUB DE LECTURA

 


               Publicamos as datas de reunións e os grupos do Club de lectura

               Os días que queden libres serán ocupados se hai que cambiar algunhas das reunións 

                debido a algún imprevisto.


ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA


GRUPO TEATRO 1 inglés / TEATRO 2 galego. Reunión os mércores.

Alexia                                 

Manuel

Sheila

Iago

Lara

Brais

Natalia

Raúl

Anxo Losada

Rebeca

GRUPO TEATRO 2 inglés / TEATRO 1 galego. Reunión os mércores.

Anais

 Joel

Nerea

 Anxo Xosé

Óscar

Íker

Emily Yanira

Sofía

Dani

Artur

GRUPO TEATRO 3 galego. Reunión os venres.

Antía

Laura

Mauro

Carla

Camila

Laura Cristina

NOVELA AVENTURAS. Reunión os xoves.

Helena

Xiana

POESÍA. Reunión os xoves.

Laura Cristina

Noelia

Alicia

CÓMIC. Reunión os xoves.

Guillermo

Nerea

Dani

Artur

Brais


venres, 15 de outubro de 2021

LECTURAS 1º TRIMESTRE

NOVELA DE AVENTURAS


 A Illa do Tesouro é o libro máis especial para os cinco membros do Club de Lectura Pedra dos Corvos. Cando coñecen ao Vagabundo, un vello e nobre navegante, que se convertirá Nun amigo máis da panda, vivirán unha arriscada aventura que os levará a embarcarse no Praia de Quenxe para procurar un tesouro na illa da Esperanza e a enfrontarse a un situación tan inesperada coma dolorosa. Unha emocionante novela de temática mariñeira de X.H. Rivadulla Corcón, ilustrada por Adrián Solleiro, sobre a lealtade e a amizade, que convida a unha engaiolante lectura.








TEATRO 1 INGLÉS

Que fas se tes un traballo aburrido nun restaurante, servindo comida rápida a persoas que non teñen tempo para comer? E se soñas con viaxar a outros países, pero os teus amigos só se rin? Quedas na casa con eles? Quizais escoitas que alguén mercou a última bolsa de sal na cidade. Compras unha bolsa a un prezo elevado? O noso mundo está cheo deste tipo de problemas. Fan a vida interesante e ás veces moi aburrida. Estas cinco pezas curtas mostran a xente que intenta decidir que facer en situacións inesperadas.

 




TEATRO GALEGO 1. 


Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.







TEATRO INGLÉS 2


Como se obtén unha licenza se queres matar un mono? Que podes facer se a túa muller ten un amante? Como podes ver o futuro? Onde podes ir pasar unhas emocionantes pero baratas vacacións nun lugar quente e afastado? Como podes convencer a túa moza ou noivo para que case contigo? Os personaxes destas seis pezas curtas orixinais están á procura de respostas para estas preguntas. Mentres intentar solucionar os seus problemas, a xente atópase en situacións moi divertidas. Cada obra de teatro ofrece unha divertida visión da vida e adoita ter un final inesperado.
     






CÓMIC


Nesta aventura, Tintín parte ao centro de África, para realizar unha reportaxe. Alí espérano perigosas aventuras, pois os seus inimigos persígueno para matalo. Ao volver Tintín da súa viaxe a Rusia relatado en Tintin en el país de los soviets , Hergé recibe o encargo de facer viaxar a Tintín ao Congo, por entón colonia de Bélxica. Este álbum é un documento excelente para ver como imaxinaban os europeos da época a África e aos africanos. 












Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. Non reparan en máis matices. E o paso dunha estación a outra dáse exactamente na noite que vai do último día de outono ao primeiro día de Santos. A noite de Samaín.

Claro que, se fose só isto o que os costumes celtas ou castrexos ordenasen facer, a cousa non pasaría dun cambio de aires. Non, a noite de Samaín, ademais de separar o ano, confunde o mundo do máis alá co noso mundo terreal. E iso si xa é outra historia. Precisamente a historia que viven neste novo libro os coñecidos habitantes do castro de Baroña: os Barbanzóns.
O terror apodérase dos protagonistas e vai subindo de tono segundo son visitados polas distintas pantasmas da tradición: Orcabella, a Estadea e mesmo a máis terríbel das fadas irlandesas.

venres, 1 de outubro de 2021

                                     COMEZA O CLUB DE LECTURA 2021-22

O Club de lectura do CPI Terras de Maside comezou un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar no CLub púxose en contacto coa coordinadora para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro en galego e inglés, cómic/ banda deseñada/ manga, novela de aventuras, poesía e literatura feminista.