martes, 29 de xuño de 2021

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS

Dende o Club de Lectura queremos facer as nosas recomendacións para o verán.

 Serie literaria Crónicas de la Torre de Laura Gallego

Crónicas de la Torre é unha serie que relata a historia de Dana, unha moza nacida para facer grandes cousas no campo da maxia, e a súa relación especial con Kai, o seu amigo, o seu confidente, o seu protector… Nun mundo onde a forza dos sentimentos rivaliza co poder da máis alta feitizaría, Dana deberá aprender a convivir co seu don e chegará un momento no que deba decidir entre o seu deber como Señora da Torre e o seu amor imposible cara a Kai.

https://www.lauragallego.com/saga/cronicas-de-la-torre/



Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán por desembocar nun texto-libro onde a determinación da autoría se dilúe a prol da afluencia e a resonancia. Baldo Ramos e Eva Veiga deciden internarse uns días no mosteiro de Oseira, mais sen compartir durante a estadía o que pensan nin o que escriben. O resultado e a comprensión unha vez máis, de que a poesía e o verdadeiro territorio común, o lugar propicio da nosa soidade vinculada.






Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos «inofensivos» e «benefactores» capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo «kitsch» de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenómeno que arrasou o tecido social, económico e político de Galicia.«Fariña» inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día. Porque en contra da crenza mediática e popular, o narcotráfico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que aínda non rematou.


O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este blog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. " Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. " 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.






O goberno xaponés encarga unha importante misión aos alumnos da clase 3-E: deben destruír ao seu titor, unha poderosa criatura tentaculada que planea destruir o planeta o día da graduación. Para axudalos no seu cometido, o mesmo profesor Korosensei ensinaralles todo o necesario para acabar con el antes de que o fagan os crueis mercenarios que van chegando a aula.








Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento,  a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.









A obra El nombre del viento é unha novela de aventuras, de historias dentro doutras historias, de misterio, de amistad, de amor, de maxia e de superación que deslumbra a todos os que a len.














Libro de historietas de estilo manga e de xénero seinen (orientado ao público adulto) encadernado en rústica de 536 páxinas interiores en branco e negro máis cubertas con sobrecuberta e sentido de lectura oriental. Nanoka Koyanagi é estudante de primaria e encántanlle os libros.











Desde que Natsuru rechazou a unha compañeira de clase o día de San Valentín, as rapazas do seu colexio non lle volveron a dirixir a palabra, e decidiron dende entón, ignoralo por completo. Pero xusto antes das vacacións, todo cambia. Suzumura, a nena máis alta da súa clase, de repente, fálalle. Ambos comenzarán unha tenra relación de amizade, pero Natsuru pronto descubrirá que Suzumura esconde un terrible segreto.






Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. Pode recoller nunha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada. Alicia contra Alicia. José Luis Baños de Cos preséntanos nesta peza un texto actual ao que se lle pode sentir o pulso da escena con diálogos áxiles a través dun rexistro de lingua próximo á mocidade. Porén, non faltan en A cámara escura referencias ao teatro clásico, como a figura do coro, transformado en grupo de WhatsApp, personaxe colectivo que revolve conciencias.



A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral. A imaxinación, os mitos, a maxia e os costumes populares están presentes no desenvolvemento dos funestos acontecementos que se narran, e que teñen como escenario principal a histórica enseada de San Simón.










Esta é a historia de dúas viaxes que transcorren paralelamente e se entrelazan nesta obra repleta de sensibilidade e delicadeza:unha gansa e a súa cría emprenden o traxecto migratorio cara ás terras cálidas do sur, mentres que unha familia que habitanun territorio en guerra emprende a fuxida cara ao norte. O relato de ambas aventuras coincide en plasmar o temordos viaxeiros mozos fronte ao desafío, as inclemencias meteorolóxicas que frean o seu voo e os seus pasos, o encontro con outros grupos nas respectivas rutas de tránsito, a escasezade alimentos, os depredadores e as mafias, o desánimo que agroma polo cansazo en contraposición á confianza e á esperanzaque intentan infundir os adultos. E por fin, o maior reto: atravesar o mar, o punto onde as traxectorias se cruzan, con destino desigual.


                                            BO VERÁN!
                    


mércores, 23 de xuño de 2021

DESPEDIDA DE CURSO

         EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DO CLUB  DE LECTURA TERRAS DE MASIDE


Para celebrar que remataba este curso tan diferente fomos de excursión á Casa-Museo Otero Pedrayo en Trasalba e despois visitamos a famosa vila de Allariz e o Festival de xardíns onde o noso alumnado puido votar polo que máis lles gustou. Foi unha pequeniña excursión e con pouco tempo, pero pasárono moi ben.