xoves, 30 de xaneiro de 2020

VISITA AO GAIÁS

Fomos de excursión co alumnado do club á Cidade da Cultura en Santiago para contemplar o Códice Calixtino e o Cancioneiro da Vaticana. Antes de ir explicóuselle ao alumnado en que consistía a excursión e a importancia destas obras.








E despois dunha mañá chea de cultura, toca relaxarse e repoñer forzas no centro comercial para coller folgos para a visita da tarde ao Museo de Historia Natural


 O noso alumnado pediulle a Papa Noel os agasallos que desexaban para Nadal. A ver se foron bos e lles trae todo o que pediron!!😉

domingo, 12 de xaneiro de 2020

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

HISTÓRICO-ROMÁNTICA: El tiempo entre costuras
Para os que gozen do libro e queiran comparalo coa película aquí lles deixo o tráiler



el tiempo entre costuras-maria dueñas-9788408222262
Unha traición e dúas guerras devastaron o seu pasado.Unha identidade encuberta precipitouna ao futuro.
A moza modista Sira Quiroga abandona Madrid nos meses previos ao alzamento, arrastrada polo amor desbocado cara a un home. Xuntos instálanse en Tánger, unha cidade mundana, exótica e vibrante onde todo o impensable pode facerse realidade. Incluso a traizón e o abandono.
Soa e acuciada por débedas alleas, Sira trasládase a Tetuán, a capital do Protectorado español en Marrocos. Con argucias inconfesables e axudada por amizades de reputación dubidosa, forxa unha nova identidade e logra poñer en marcha un selecto atelier no que atende a clientas de orixees remotos e presentes insospitados.
Escrita nunha prosa espléndida, El tiempo entre costuras é  unha aventura apaixoante na que os talleres de alta costura, o glamur dos grandes hoteis, as conspiracións políticas e as escuras misións dos servizos secretos fúndense coa lealtade cara aqueles a quen queremos e co poder irrefrenable do amor.




AVENTURA: Viaxe ao centro da Terra

viaxe ao centro da terra-jules verne-9788497827744O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades. É unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a posibilidade dun mundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai incluso quen pretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes, aspecto simbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.


CÓMIC: Astérix en galego

Lemos diferentes cómics de Astérix en lingua galega que se van intercambiando entre os membros do grupo.