martes, 11 de abril de 2023

LETURAS 3º TRIMESTRE

 AVENTURAS

Última entrega da apaixonante serie de aventuras protagonizada por Úrsula, Martin, Lucas e Rowling, os heroes da Secret Academy.

Un misterioso Ser chega á Isla Fénix no que parecía ser un meteorito. Martin, controlado polo Ser, vólvese contra os seus compañeiros e trata de tomar o control da illa.

Mentres tanto, Lucas intenta rescatar a Úrsula, que foi capturada polos Escorpións; Rowling segue perdida na selva amazónica, e os gobernos de todo o planeta deciden deter a todos os Elixidos. Ninguén sabe que o plan do Ser é destruír por completo a humanidade...

A opinión dos lectores:
«La última misión es el cierre de una saga completísima, llena de acción, de ciencia ficción y de persecuciones que ha madurado gradualmente. Con una trama global intensa y varias subtramas que se han ido diversificando y ganando importancia de la mano de unos personajes que han crecido a la par de la historia, y con los que no hay bandos buenos ni malos.»
Blog Érase un libro.

En breve teremos tamén a opinión dos nosos lectores do Club sobre esta saga.

TEATRO GALEGO. O ACHADO DO CASTRO

A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande que xa puxemos neste Club e que tivo moi boa acollida por parte do alumnado polo que decidimos poñela de novo para o alumnado de 1º ESO. O outro grupo de teatro en galego continúa coa obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse.

O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.