mércores, 11 de novembro de 2020

Este curso o Club está formado 4 grupos: Poesía:
Histórico-romántica:
Obradoiro de cómic:
Teatro:

luns, 9 de novembro de 2020

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

POESÍA:

Na contraportada anticípasenos o final. Makinaria é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos este pode ser o teu libro. Trátase dunha obra chea de versos co depósito cheo de gasolina, tetosterona e alcol; un libro sen máis límite que o dun contaquilómetros que sinala unha ruta suicida, un libro de versos sen final feliz porque a Morte converte a euforia en chatarra. 
 Makinaria conta unha historia que posúe unha estrutura clásica: presentación-nó-desenlace. Ademais os poemas figuran agrupados en 6 bloques de contidos con nomes alusivos ao cine, á música ou aos videoxogos:
- Roedores de caucho: Este libro está protagonizado polos "roedores de caucho", os mozos que levan "gasolina inxectada en vea" e "coches maqueados", tal "gallos de pelexa...drogados de adrenalina". 
- Need for speed. Presenta 4 poemas vertixinosos, rápidos como a obsesión pola velocidade.
- Radical fire: organízase en 6 poemas arredor das relacións e o ligue, a "comida basura" e a diferenza cuns pais que nunca sentiron a vertixe dunha derrapaxe a fondo, entre o desconcerto de non saber "a que maldito lugar/ me vai ir arrastrando/esta carretera secundaria/á que lle din día de mañá". 
- Sound play session: Conten dous poemas nos que a velocidade é uhna vía de escape a toda máquina na noite sen meta, que ten o cemiterio como destino. 
-061: Agrupa 5 poemas avanzando desde a ambulancia e a desesperación materna á autopsia, a nota necrolóxica e a chatarra que é no nicho "chatarra da memoria". 
-Game over: Inclúe 4 poemas, que van dende a imprecación á segunda persoa ao destino fatal sen retorno, ao nicho no que o suxeito poético reclama "flores/lozanas e frescas/para que se pudran/ aquí comigo". 

TEATRO: Como podemos incorporar as obras de teatro nas clases? Heidi Kühn-Bode expón seis obras de teatro de fácil interpretación nas aulas, animando a todos os mestres e mestras a realizar unha actividade diferente e atractiva, que permitirá aos nenos e nenas soñar, á vez que adquiren organización e independencia.
HISTÓRICO-ROMÁNTICA: Debido ao éxito do curso pasado con EL tiempo entre costuras, este curso repetimos con alumnado novo esta lectura. Confiamos en que poidan ler e ver a serie. Se nos dá tempo a idea é ler a continuación a nova historia de Sira, a protagonista, que pronto sairá á venta.



Obradoiro