martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Unha vez máis o Club participou nas actividades celebradas na Ínsua dos Poetas presentando os booktubers da novela de misterio e da saga de aventuras.



                                                                Secret Academy:


Diez negritos



O grupo de teatro leu e representou Os tres porquiños e A Carapuchiña Vermella para todo o público asistente e en especial para uns espectadores de excepción, o nosos pequenos de 1º de EP. 







Aquí vos deixamos unha foto co Conselleiro de Cultura que nos fixo entrega dun agasallo: libros de lectura.



O alumnado de 1º EP pasouno de marabilla porque SOMOS MASIDE!!






Para ver a gala completa, accede ao seguinte enlace:

https://badalnovas.com/2024/04/23/a-insua-dos-poetas-celebrou-o-dia-do-libro-con-escolares-ourensans/

martes, 2 de abril de 2024

Excursión Club

Como premio polo traballo feito ata o momento, o alumando foi dar unha volta por Ribadavia antes de ir  relaxarse nas termas de Prexigueiro para preparar con máis entusiasmo o próximo evento: o Día do Libro.









Explicándolles que ían ir ás termas naturais, á beira do río, e que terían que deixar toda a roupa enriba das pedras.