martes, 24 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS

Moi boas!!
Para que levedes mellor estes días de confinamento propoñemos dende o club unha serie de lecturas e tráilers de películas para todos os gustos e idades porque EU QUEDO NA CASA e XUNTOS SAIREMOS ADIANTE:









A serie sobre Isabel a Católica e a historia de España nesa época está moi ben para os que vos gusta a novela histórico-romántica. https://www.rtve.es/television/isabel-la-catolica/capitulos-completos/

Para os que teñades interese en coñecer a historia de Galicia e dos balnearios recomendo Lobos e cordeiros. http://www.crtvg.es/tvg/programas/lobos-e-cordeiros Serie de época ambientada en 1898 en Ourense que conta a través de tres clans familiares a historia de Galicia: os fidalgos, co marqués á fronte; a familia de médicos que vén de Madrid e os campesiños e criados. Cun pazo e un spa como escenarios, a trama está chea de intriga, de segredos e de amores imposibles entre clases, aderezada cunha homenaxe a Pepa a Loba, a última bandoleira europea.

Se queredes ver máis audiovisuais en galego, aí vos vai un enlace:http://www.crea.gal/audiovisual-galego-para-unha-corentena/

Seguro que hai alguén que bota en falta as xuntanzas  do Club de lectura ou a Biblioteca... Déixovos por aquí algúns enlaces que vos permitirán acceder a lecturas gratuítas na rede. O que queira e teña tempo, que aproveite estes días para ler un pouquiño!
        1.-GaliciaLe: plataforma de préstamo de libros das bibliotecas públicas galegas. Para poder acceder é necesario:                      

  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. .
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
Para os máis cativos, déixovos un conto que trata un tema de actualidade que nos preocupa a tod@s
https://www.copmadrid.org/web/img_db/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus-5e6b7f9370fb1.pdf

 Para o alumnado de 2º ciclo de primaria e para o da ESO douvos varias opcións  de lectura. Só tedes que pinchar no título e aparecerá a lectura.
Contos de medo no museo
Historia da lingua galega
A mansión dos Pampín

POESÍA

A nosa alumna de poesía está feita toda unha poetisa e nos mostra o ben que recita un poema de Poetízate. Para a próxima vaise animar a recitar un poema escrito por ela. Ánimo!!!

DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da elebración do Día de Rosalía o noso alumnado de 1º ESO participou recitando Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro.

martes, 10 de marzo de 2020

VISITA DE MONTSE FAJARDO

Para celebrar o Día Internacional da Muller asistiu ao noso centro Montse Fajardo para ter unha charla-coloquio co noso alumnado sobre as historias do seu libro Matriarcas.
Foi unha visita moi agrabable e amena para todo o alumnado asistente tanto pertencente ao Club ( nesta ocasión participaron os maiores tras unha lectura previa dalgún relato) coma para os compañeiros de aula. Moitas grazas, Montse, por dedicarnos este tempo.