xoves, 25 de novembro de 2021

25N

Hoxe 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nosas alumnas de poesía recitaron un poema para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos.








domingo, 14 de novembro de 2021

OS NOSOS GRUPOS no magosto 2021

O grupo de cómic goza da lectura dun cómic escollido por eles para intercambiar e compartir opinións.








Unha vez rematada a lectura foron gozar do primeiro magosto despois da COVID. Pasárono moi ben participando en xogos tradicionais e saltando a fogueira ( con sentidiño e mantendo as normas)