xoves, 28 de abril de 2022

VISITA DO GRUPO DE TEATRO: ON STAGE



Este luns, 25 de abril, no patio de infantil do noso colexio, a compañía “On Stage Company-Performing Arts & Education"  representou unha obra titulada “Flatmates”

Os protagonistas, Sam e Sammy comparten un piso moi, moi  desordenado A quen lle toca limpar e colocar? Para resolver o  conflito deciden facer unha batalla: Vídeo xogos contra  libros! Quen será o vencedor? 

Todos os nosos alumnos/as de ESO asistiron a ver o espectáculo. Por suposto, os membros do noso  club de lectura tomaron boa nota xa que se  están convertendo en futuros actores e actrices.






Ningún comentario:

Publicar un comentario