venres, 30 de setembro de 2022

LECTURAS 1º TRIMESTRE

 Neste 1º trimestre imos ler as seguintes obras:

AVENTURAS

O alumnado de aventuras está encantado coa saga de Secret aacademy polo que este curso van intentar rematar de ler os 3 títulos que lles quedan. Debido a que hai alumnado novo, farase unha sesión no vindeiro mes para que poidan ler os dous exemplares lidos o curso pasado e poder estar todos ao día para gozar e comentar as aventuras.

SECRET ACADEMY 3. EL RETORNO DEL ESCORPIÓN

Úrsula regresa á Secret Academy esperando reencontrarse con Lucas, pero o seu amigo está desaparecido... Tampouco están Martin e Rowling, que viaxaron ata un lugar remoto de Finlandia no que ela vai a pasar os ritos de iniciación dos Escorpións co obxectivo de infiltrarse como axente dobre e atopar así todas as respuestas sobre o seu pasado.

E, mentres tanto, o doutor Kubrick trama en Nova York un escuro plan que só os alumnos da Secret Academy poderán deter...




CÓMIC. ARDALÉN

Premio Nacional de Cómic 2013. Ardalén É o nome dun vento que sopla desde o mar e que, segundo as crenzas, se orixina nas costas americanas. A través deste fío condutor, diferentes personaxes desenvolverán un argumento no que se entrecruzan as súas vidas.

«Los recuerdos, que son muchos, van y vienen, sin que yo consiga colocarlos. Nunca estoy seguro de qué sucedió antes o después, me bailan los nombres, las caras... Es como si el libro de mi vida allá se hubiese deshecho y me quedara en las manos un puñado de hojas que no consigo ordenar de nuevo. A veces, incluso, es como si esos recuerdos no fuesen míos... Ni siquiera estoy seguro de diferenciar lo que he vivido y lo que he imaginado.» Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel . Pero hai máis fíos que se van enlazando nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais recordan.




TEATRO GALEGO. UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA

Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora "os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade". Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009.


TEATRO INGLÉS



1ºESO- The Robbery

Esta obra vai dun grupo de cinco amigos que están fartos de non ter cartos, pero isto vai cambiar pronto porque...un deles ten un gran plan!!

O alumnado deste ano viu os ensaios e a escena gravada o curso pasado polos seus compañeiros e quixo facer o mesmo. Estano pasando moi ben e seguirán coa obra o tempo necesario.

4º ESO- The Right thing to do.

Nesta obra un home/ muller está tumbado na rúa. Tres persoas diferentes paran e miran. Talvez o home precise axuda, pero non o coñecen, así que non é o seu problema, ou si? Despois unha muller vestida de azul chega e, de súpeto, as cousas son diferentes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario