xoves, 15 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS DE CÓMIC PARA O VERÁN

Hoxe queremos ampliar as recomendacións dos libros de cómic que vos deixamos o Día do Cómic e deixarvos aquí un enlace para que poidades ter acceso ás novidades.



“No nací hombre ni mujer. Nací bebé. Necesito tiempo para saber quién soy.”

Así comeza a autobiografía ilustrada de Roberta Marrero: a historia real dunha nena que nace no corpo dun neno e do seu camiño cara ao autodescubrimento e a afirmación da súa propia identidade.




Durante os equinoccios, o día iguala a extensión da noite. Coma se o mundo atopase un equilibrio perfecto entre a sombra e a luz. Un equilibrio fuxitivo, parecido ao designio dos destinos humanos. Un relato en catro estampas, catro estacións atravesadas por personaxes de todos os horizontes xeográficos e de toda procedencia social. Seres dun equilibrio inestable que cruzarán novas soidades e que tecerán, entre uns e outros, o tenue fío da conciencia atormentada polo enigmático sentido da vida. Catro estacións coa súa propia identidade gráfica, catro voces.










Gustaríame pintar a natureza, confesa unha moza debuxante francesa ao poñer un pé en Xapón. Pola súa banda, un artista xaponés tenta pintar unha muller. Que natureza: a que tranquiliza ou a que desborda? E que muller? Nami, quizais, que rexenta a pousada de baños termais na que ambos os artistas se hospedan? Catherine Meurisse viviu durante varios meses en Vila Kujoyama, unha residencia para artistas en Kioto, onde quixo inspirarse e retomar o seu labor baixo unha nova perspectiva, mergullada nas ricas paisaxes xaponesas, co fin de darlle un novo sentido á súa obra e redescubrirse a si mesma.









Espanto reúne un imaxinario do absurdo, medos, fantasías e situacións inquietantes; debuxos nos que se mesturan o estraño e o marabilloso a través do branco e negro.
















Chega o segundo tomo de Laberintos, a nova e inquietante triloxía de tintes autobiográficos de Charles Burns.

Para Brian e Laurie, respectivamente o mozo cineasta atormentado e a súa nova musa, chegou o momento de comezar a rodar.

Charles Burns entrelaza sutilmente o cine e a vida real. O resultado é unha novela gráfica que constrúe a súa narración en torno á relación entre o inconsciente e a súa representación.











No cámping ao que chega Lucy está Roman: un mozo aventureiro e brusco. Coñece o lugar como a palma da súa man, nada podería asustarlle. Pero cando atopa unha nova cabeza no seu camiño, a de Lucy, convértese nun animal feroz. O que se atreve a estender a man é mordido! Durante unha fugaz estancia, os dous nenos aprenden a domesticarse mutuamente. Aos poucos a curiosidade polo outro gañará á desconfianza.

















Guiado polo seu instinto, un bebé escapa do berce no medio da noite e logra alcanzar o cemiterio máis próximo á súa casa. O individuo que o persegue, coitelo en luva, acaba de asasinar a toda a súa familia e está decidido a terminar con el. Pero os espectros do camposanto protexen ao pequeno e acaban acolléndoo nas súas terras. Aínda que esta vez escapóuselle, o sinistro home Jack non descansará ata cumprir a súa misión…










Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos esta novela gráfica. De novo os mesmos personaxes atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias. Capaces de amar, de odiar, de agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin.







Ningún comentario:

Publicar un comentario