xoves, 15 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS DE NOVELAS PARA O VERÁN


Nos contos de Saturno tamén é Deus a morte, o medo, a angustia, ou simplemente o descoñecido asumen a condición de presenzas activas e poderosas que converten os seres humanos en meros instrumentos do seu xogo.












Porque ás veces a verdade (non) é só aquilo que queremos crer.

Elsa Benavides é unha escritora de éxito cunha crise creativa e unha obsesión: matar ao personaxe que a catapultou ao éxito. Pero a solución aos seus problemas non pasa por electrocutar a Valentina cun móbil na
bañeira. É a punta do iceberg dunha ferida máis profunda.






Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira. A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas que remata nun final perturbador. Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa. 







A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación!






«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do diario.Unha investigación chea de humor e intriga que che descubrirá a cara máis sorprendente da filosofía e na que, buscando respostas, tan só atoparás preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario