luns, 18 de setembro de 2023

LECTURAS

 NOVELA DE MISTERIO

novela máis vendida de Agatha Christie, cuns 100 millóns de exemplares vendidos.

Dez persoas sen relación algunha entre si son reunidas nun misterioso illote da costa inglesa por un tal Sr. Owen, propietario dunha luxosa mansión á par que perfecto descoñecido para todos os seus invitados. Tras a primeira cea, e sen coñecer aínda ao seu anfitrión, os dez comensais son acusados mediante unha gravación de ter cometido un crime no pasado.

Un por un, a partir dese momento, son asasinados sen explicación nin motivo aparente. Só unha vella canción infantil parece encerrar o misterio dun crecente pesadelo.


O conserxe



Unha alumna de 1º de bacharelato aparece colgada da canastra do ximnasio do seu instituto.


A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio conserxe, co visto e prace da directora do centro, para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da rapaza. Son case dúas semanas de pescudas que ofrecen unha visión excitante do mundo académico, que percorre todos os ambientes, e nos que se ven implicados os diversos colectivos do ámbito educativo, desde o persoal docente, non docente, familias e a mesma sociedade.


NOVELA DE AVENTURAS

Debido ao éxito obtido o curso pasado coa saga de The secret academy e debido a que hai alumnado de nova incorporación, van ler e comentar a saga completa para facer entre todos un booktuber.


Campamento para no capacitados

Dezasete metros e corenta e dous centímetros… A esa altura encóntrase a ponte desde a que Bjarne e Luca, o seu mellor amigo, saltaron. Non era unha buena idea, pero Bjarne quería voar a toda costa para que nel se desenvolvese unha capacidade sobrenatural. Non había normas establecidas para alcanzar a capacidade de voar, a de facerse invisible ou a de prender unha chama na xema do pulgar; pero Bjarne estaba disposto a arriscar o que fora para conseguir o seu obxectivo. Sen embargo, as cousas non saen como pensara e mentres o seu amigo termina vivindo no mundo dos superheroes, Bjarne vai parar a un campamento de verán para non capacitados. E alí empezan todos os problemas!


TEATRO GALEGO



Un merlo nace branco... é diferente... ¡Vaiche boa!... e ten problemas. Ninguén o quere. Emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras. Quere ser gaivota, cotorra, flamengo, pomba, ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco... ata que todos se decatan de que o mellor para un merlo (branco, negro, azul, vermello, amarelo..., ¡que máis dá!) é ser merlo. ¡¡Nin máis nin menos!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario